Wednesday 15 de May de 2024

Benestar Social tramitou 863 solicitudes de axuda da veciñanza recollidas a través do 010


 

Entre os equipos de voluntariado e emerxencia social, realizaron tarefas básicas como ir ao supermercado, á farmacia ou a Correos, segundo o demandaron as e os coruñeses que por seren de colectivos de risco ou por circunstancias persoais non poden saír da casa
Benestar Social respondeu desde o 13 de marzo a 863
peticións de axuda da veciñanza máis vulnerable a través dos equipos de voluntariado e
emerxencia social. Do total de 530 persoas cooperantes que se inscribiron na convocatoria
que realizou a concellería cando se decretou o estado de alarma, activáronse 248 para
axudar ás e aos residentes que por pertenceren a grupos de risco ou por circunstancias
persoais non poden saír da casa.
Deste xeito, as e os colaboradores realizaron tarefas básicas segundo llelo solicitaron as
coruñesas e coruñeses que chamaron ao 010 ao non se poderen mover do seu fogar. Entre
os quefaceres, foron ao supermercado, á farmacia e ás oficinas de Correos a por cartas
certificadas ou acompañáronas/os ao centro de saúde en caso de teren citas médicas
inaprazables. Ademais, colaboraron na repartición de bolsas comedor e de menús e
alimentos a domicilio, atenderon a liña telefónica para combater a soidade “Acompáñote” e
o servizo gratuíto de mediación de conflitos (neste caso foron voluntarias e voluntarios da
asociación Círculo de Mediación de Galicia-CIMEGA)
Todas e todos eles acredítanse cun certificado de alta neste traballo non remunerado que a
concellería lles remitiu a través do correo electrónico. A súa posta en escena xorde cando
unha veciña ou veciño chama ao teléfono gratuíto do concello pedindo axuda. Ademais,

Nota de Prensa

Benestar Social asinou un acordo coa oficina de Cooperación e voluntariado da UDC, polo
que se uniron catro persoas voluntarias máis. Desde a primeira toma de contacto coa
persoa que solicita atención, a voluntaria ou voluntario que acode vincúlase a ela ou el para
as sucesivas veces que necesite deste servizo.